A randeeira
Os gozosos azares da randeeira, en francés, Les hasards heureux de l'escarpolette, ou, simplemente A randeeira, é un cadro do artista rococó francés Jean-Honoré Fragonard, realizado en 1767. É unha pintura ao óleo sobre lenzo cunhas dimensións de 81 centímetros de alto por 65 cm de largo. Consérvase na Colección Wallace de Londres.
Características
[editar | editar a fonte]Un rico barón encargou este cadro a Fragonard, como homenaxe ao seu amante. Cóntase que inicialmente o encargo era para François Boucher[Cómpre referencia], quen o rexeitou polo seu atrevemento. Converteuse no símbolo de toda unha época, o Rococó, polo seu refinamento e sensualidade. Representa unha escena galante nun ambiente idílico. Unha moza balancéase na randeeira que empurra un home maior (seguramente o seu home) mentres que abaixo, á esquerda, aparece un mozo que mira debaixo da súa saia. O marido queda relegado á sombra, mentres que o mozo (amante da muller) loce en primeiro plano, entre vexetación e flores.
O adulterio, un pecado duramente criticado nas clases proletarias, era aceptado como algo natural nas clases altas. Na aristocracia do século XVIII eran moi comúns as vodas por interese, concertadas para aliar sagas familiares e concentrar poder e riqueza. As parellas nobres asumían o obxectivo só material dos seus matrimonios, e tras aseguraren a descendencia, moitas adoitaban vivir a súa sexualidade por separado.
O mozo atópase tombado aos pés dunha escultura de Cupido. A dira figura agocha unha pista: pide silencio cun dedo nos seus beizos, o que alude a un segredo. O amante mostra unha expresión de arrebato, coma se recibise unha revelación, de carácter neste caso puramente terreal. A rapariga correspóndelle fitándoo. Captouse o momento do máximo abalo da randeeira, pois un instante despois este volverá cara a atrás, cara ao home de maior idade, representando así «un segundo de arrebatamiento erótico, tan voluptuoso e fráxil coma o Rococó mesmo».[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Eva-Gesine Baur, «El rococó y el neoclasicismo» en Los maestros de la pintura occidental, Taschen, 2005, páxina 360, ISBN 3-8228-4744-5